CRTVG

Buscar

Continúan os cribados nos municipios coa incidencia de coronavirus máis alta

Publicado o 13/02/2021 20:47

En Sada a incidencia acumulada mantense por riba dos novecentos puntos. É, tras a de Betanzos, a máis alta da área metropolitana da Coruña. Neste municipio hai 153 casos activos, un máis que a véspera.
Desde o mércores o Sergas cita a poboación de entre 18 e 60 anos para realizar unha proba de antíxenos. Ao redor de 7.500 veciños recibiron a convocatoria.

A participación está sendo alta en Sada e tamén no cribado poboacional de Cambre e de Culleredo. En ambos os concellos mingua o número de contaxios diarios e a incidencia sitúase xa por baixo dos setecentos casos por cada cen mil habitantes.

En Sada, Cambre e Culleredo os cribados concluirán esta fin de semana. Segue adiante o que se vén desenvolvendo desde o 30 de xaneiro na Coruña. O luns comezarán a realizarse as probas de detección de coronavirus en Oleiros.

Noticias web

13/02/2021