Continúan as investigacións polo crime de Oza-Cesuras
Publicado o 11/02/2021 14:50
Continúan tamén as investigacións no caso do crime de Oza-Cesuras.
Nas últimas horas pasaron polos xulgados de Betanzos diversas testemuñas citadas pola xuíza, entre elas o home da vítima. Algunhas fontes apuntan que recoñeceu que mantivo unha relación sentimental coa muller do acusado, que segue no cárcere de Teixeiro en prisión preventiva, á espera de que se celebre o xuízo.
O 15 de xaneiro pasado acabou presuntamente coa vida de Cristina, de 33 anos, dun tiro na caluga. O móbil da vinganza é unha das hipóteses que se barallaron desde un principio.