CRTVG

Buscar

"Ata pronto": os palmeiros despídense das casas sabendo que pode ser para sempre

Publicado o 24/09/2021 14:37

Abandonan as casas co corazón encollido, coa esperanza dun "ata pronto", pero sabendo que pode ser unha despedida definitiva. O tenente galego da Garda Civil José Nieves fixo esta gravación mentres se despedía da súa casa.

As forzas de seguridade axúdanlles a recoller as súas pertenzas. O máis esencial: roupa, documentación, fotografías. Algúns son recibidos en casas de familiares, outros van para aloxamentos temporais para evacuados ata poder ser realoxados en hoteis.

A UME vixía que non acceda á zona de risco ninguén que poida poñer a súa vida en perigo. Comproba tamén a identidade dos propietarios. Lamentablemente hai quen pretende aproveitarse da desgraza allea e xa se deron casos de roubos en vivendas abandonadas a causa do volcán.

Noticias web

24/09/2021