CRTVG

Buscar

Un perito asegura que Ana Julia Quezada empregou unha violencia extrema co pequeno Gabriel

Publicado o 16/09/2019 21:10

A vista oral con xurado popular contra Ana Julia Quezada, única acusada pola morte do pequeno Gabriel Cruz, continúa na Audiencia de Almería coa declaración dos forenses e peritos médicos.

A petición da familia da vítima, a sesión é a porta pechada para evitar a publicación dos detalles da morte do pequeno de 8 anos.

Segundo consta no sumario, Gabriel Cruz morreu por asfixia entre unha e dúas horas despois da súa desaparición. 

Despois de declarar no xuízo, o perito que elaborou o informe de parte a petición da acusación particular dixo que a acusada utilizou unha violencia intensa e extensa contra o pequeno.

Noticias web

16/09/2019