CRTVG

Buscar

Continúa o malestar polo 'botellón' na zona histórica de Pontevedra

Publicado o 22/10/2021 13:51

As rúas da contorna do Parador de Pontevedra, cheas de recunchos con encanto e testemuñas mudas da nosa historia. Cada fin de semana sofren unha agresión máis: pintadas sobre paredes mesmo de pedra, ouriños nas zonas menos transitadas e tamén ruídos e balbordo.

Mari Carme Fernández reside aquí desde os anos sesenta e xa perdeu a conta dos cartos que investiu en limpar as pintadas da fachada.

Carmen é partidaria de maior presenza policial, pero semella difícil pola extensión da zona histórica de Pontevedra. Outros piden videovixilancia, pero a instalación de cámaras non convence os que priman a intimidade das persoas. Precisamente para evitar estas molestias, o Concello de Pontevedra habilitou un espazo urbano nas inmediacións do Recinto Feiral para que os mozos se poidan divertir sen molestar a ninguén.

 

Noticias web

22/10/2021