CRTVG

Buscar

Os casos activos seguen á alza, e nunha semana soben en máis dun millero ata os 2.638

Publicado o 06/07/2021 10:10

A situación epidemiolóxica en Galicia continúa empeorando progresivamente. Hoxe o Sergas notifica 2.638 casos activos, 172 máis ca onte, tras 235 novos positivos. Son case 1.100 casos máis que hai xusto unha semana.

Casos activos por área sanitaria:

A Coruña: 643 (+16)

Vigo: 479 (+50)

Ourense: 336 (+25)

Santiago: 247 (+10)

Lugo: 284 (+20)

Pontevedra: 646 (+36)

Ferrol: 103 (+15)

Leve baixada nos hospitalizados

A presión asistencial sufriu nas últimas dúas semanas un lixeiro aumento que sitúa o total de persoas ingresadas por mor do coronavirus en Galicia en preto das 60. Hai 47 persoas en planta (-3) e 12 nas UCI (+1). Polo de agora, a vacinación e a idade do grupo máis afectado semellan frear o impacto do que apunta ser a cuarta vaga en Galicia.

Preto do 6 % de positividade

Outro mal dato é o da taxa de positividade. Das 3.964 probas PCR realizadas, 230 deron positivo, o cal revela unha taxa de positividade do 5,80 %. Encadeamos así seis xornadas consecutivas superando o limiar máximo recomendado pola OMS do 5 %.

Mapas de incidencia por concello

Noticias web

06/07/2021