CRTVG

Buscar

Continúa o descenso dos casos activos, que xa están por debaixo dos 600

Publicado o 08/10/2021 19:29

• Aumenta a ocupación hospitalaria en planta (+4)

• Segundo día consecutivo sen falecementos por covid

Continúa o descenso dos casos activos, que xa están por debaixo dos 600

Os casos activos seguen baixando nunha xornada en que hai 31 persoas menos con coronavirus ca na xornada anterior. En total, 589.

Pola súa parte, foron diagnosticados 33 casos novos por probas diagnósticas, os mesmos contaxios que houbo onte.

Por áreas sanitarias, a repartición de casos activos é a seguinte:

Vigo: 110 (-7)

A Coruña: 161 (+1)

Pontevedra: 44 (-8)

Santiago: 63 (-5)

Ourense: 111 (-1)

Lugo: 92 (-7)

Ferrol: 8 (-4)

En canto á ocupación hospitalaria, esta aumenta con respecto á xornada anterior (+4). En total, hai 42 persoas hospitalizadas, 10 en UCI (=) e 32 en planta (+4). Con todo, o Sergas non notificou novos falecementos por mor da covid nas últimas 48 horas.

Mapas de incidencia por concellos