Continúa o descenso dos casos activos e da ocupación hospitalaria
Publicado o 22/10/2021 10:14
• Aumentan lixeiramente os novos contaxios

Os casos activos seguen descendendo e xa están polos 416. Hai 5 persoas menos con coronavirus que na xornada anterior.
Os contaxios, pola súa parte, aumentan (+2). En total, detectáronse 30 novos casos por probas diagnósticas.
Por áreas sanitarias, a repartición de casos activos é a seguinte:
Vigo: 71 (-6)
A Coruña: 135 (-3)
Pontevedra: 47 (+3)
Santiago: 68 (=)
Ourense: 44 (+7)
Lugo: 30 (-7)
Ferrol: 21 (+1)
A ocupación hospitalaria tamén diminúe (-3) e xa hai só 26 persoas hospitalizadas, 8 en UCI e 18 en planta. Con todo, o Sergas notificou un falecemento por mor da covid, elevando o número a 2.649 decesos desde o inicio da pandemia.