CRTVG

Buscar

Continúa o cribado na poboación coruñesa de 18 a 60 anos

Publicado o 07/02/2021 15:18

En Santiago o cribado está a ter unha boa resposta, cunha alta participación. Esta é máis baixa no cribado da Coruña. As primeiras quince mil probas realizadas detectaron trinta e unha persoas asintomáticas infectadas por covid−19. A taxa de positividade sitúase no 0,21 por cento. Os usuarios dos centros de saúde de Elviña, Matogrande e Novo Mesoiro xa realizaron o test de antíxenos.

Esta fin de semana, o cribado continuou cos veciños do Ventorillo, Labañou e Os Mallos. Hai unha tendencia á baixa na cidade da Coruña, onde se contabilizan 1.941 casos activos. A incidencia acumulada descende dos oitocentos puntos. Melloran tamén as cifras en Cambre e Culleredo. O cribado poboacional nestes dous municipios continuará ata o próximo domingo.

Noticias web

07/02/2021