Continúa estable, dentro da gravidade, a muller acoitelada en Granada pola súa ex parella
Detido un home despois de acoitelar repetidamente a súa ex-parella en Granada.
A vítima, acollida nun centro para maltratadas, permanece ingresada en estado moi grave na UCI dun hospital da capital granadina.
A agresión ocorreu a últimas horas deste xoves nunha céntrica praza de Granada.
O home, de 36 anos, acoitelou repetidamente no abdome e no pescozo a súa ex-parella, que reside nun centro de acollida para mulleres maltratadas da cidade.
A vítima, de 32 anos, quedou ferida grave e foi ingresada na UCI dun hospital local. Segundo o parte médico máis recente, o seu prognóstico é reservado, pendente de evolución.
O agresor foi detido pouco despois por axentes da policía e trasladado aos calabozos da comisaría á espera de pasar a disposición xudicial durante a fin de semana.
No que vai de ano, 20 mulleres foron asasinadas en España polas súas parellas ou ex-parellas e hai outros dous casos máis que están sendo investigados.