CRTVG

Buscar

Continúa en Santiago a vacinación con Pfizer aos maiores de entre 75 e 79 anos

Publicado o 10/04/2021 14:55

En Santiago, na Cidade da Cultura, esta era a imaxe a media mañá. Na ringleira, persoas maiores de 75 anos e os seus acompañantes. Esperaban algo máis de media hora á cola. Todos os citados estaban desexando ser vacinados.

Nesta ocasión, este grupo de idade está a recibir a vacina de Pfizer.

"Están chamadas unhas 1.600 persoas de entre os 75 e os 79 anos", di unha enfermeira.
No interior, preparados doce postos de vacinación e oito equipos que se encargan de preparar as doses.
"O ritmo está a ser fluído e sen incidencias", di o coordinador desta vacinación.

Todos os vacinados se sentían aliviados de recibir polo menos a primeira dose.
A Xunta continúa deste xeito a acelerar o ritmo de vacinación en Galicia. Convocou para esta fin de semana preto de 52.000 persoas. Nas xornadas do sábado e o domingo administrarase a vacina de Pfizer a arredor de 27.000 cidadáns, xunto con outras 25.000 doses da vacina de AstraZeneca.

Noticias web

10/04/2021