Continúa en Ourense o Salón Internacional de Turismo Gastronómico
Publicado o 07/02/2019 17:38
A cociña máis moderna, innovadora, creativa, e ás veces, inintelixible, procura sempre como sorprender con novos xeitos de elaborar os produtos de toda a vida.
Se sete de cada dez turistas viaxan atraídos pola gastronomía, os futuros guías deben aprender os segredos da boa cociña.
Os produtos típicos identifican xeitos de vida, paisaxes e costumes. Os amigos do Porto tiveron hoxe ocasión de amosar como se elabora unha francesinha.
Hai quen leva o tema da gastronomía ata unha esfera transcendente, case mística, ata converterse en militante da fe do bo xantar.
Os devotos confrades reunidos hoxe en Expourense non atopan, se cadra, mellor credo ao que consagrarse.