Continúa en Oia a busca de Antonio Carabelos González, desaparecido o pasado 20 de agosto
Publicado o 05/09/2019 20:02

En Oia continúa a busca de Antonio Carabelos González, desaparecido o pasado 20 de agosto.
Mergulladores da Garda Civil andan á súa procura na zona chamada Pozo do Redondelo. Son 9 días de labores en que participan axentes da Garda Civil, Protección Civil do Rosal, os GES da Guarda e tamén familiares e amigos, que piden á poboación que se saben algo del se poñan en contacto coa Garda Civil.