CRTVG

Buscar

Continúan baixando os casos na área de Ourense

Publicado o 15/02/2021 13:57

Continúan diminuíndo os casos activos na provincia de Ourense, hoxe 95 menos que o día anterior.

"Din que mellorou, pero aínda estamos aí, aí". "Un pouco máis tranquilos, si, pero a situación que vén é moi difícil".

Os casos comezaron a baixar na área de Ourense xusto o día en que se volveron impoñer as medidas máis restritivas en toda Galicia.

"Se a xente respecta e cumpre o que piden o lóxico é que teñen que funcionar pero hai que pór entre todos o noso gran de area". "Como non hai vida social non hai amigos, non hai nada, máis relaxados". "Creo que estas medidas son necesarias para acabar dunha vez con isto, se acaba algún día".

Mostra da mellora da situación en Ourense é o número de concellos libres de covid, que aumentaron hoxe ata os 19. Cenlle, Piñor, Porqueira e Esgos son algúns deles.

"Non, neste momento activo non hai ningún, a xente mantén as medidas de seguridade bastante ben e eu que ando por todos os núcleos doume conta diso". "Si está bastante relaxado eu ando repartindo sen problema ningún, había aí dous casos pero agora ben".

Descenden os contaxios, pero a presión hospitalaria segue sendo alta, hoxe hai dous pacientes máis na UCI, 15 en total.

"Non hai que descoidarse, que é moito perigo na rúa, o bicho anda aí, hai que coidarse moito". "Exactamente, as preacuacións hai que tomalas todas porque a mínima de cambio...".

As autoridades sanitarias advirten que non podemos caer en triunfalismos nin baixar a garda.

Noticias web

15/02/2021