Continúa activo o incendio forestal de Alacante despois de queimar 830 hectáreas
Publicado o 16/07/2019 13:58
Continúa activo o incendio forestal que obrigou a desaloxar 80 veciños no concello alacantino de Beneixama.
O lume, que comezou na tarde deste luns nun barranco de difícil acceso, leva queimadas máis de 800 hectáreas.
Nos traballo de extinción participan bombeiros, brigadas forestais e soldados da UME, apoiados desde o aire por 26 helicópteros e avións contraincendios.