CRTVG

Buscar

Os investigadores tratan de aclarar a implicación dos detidos no crime de Samuel

Publicado o 07/07/2021 15:24

Nerviosas e contentas por como avanza a investigación. Así acudían Lina e Vanesa, dúas amigas de Samuel á comisaría de Lonzas para ratificar a súa declaración sobre o acontecido na noite do pasado sábado. Vanesa e Lina confían en que "o xulgado non nos decepcione moito e esperemos que todo siga adiante e ben".

A investigación continúa aberta e baixo segredo de sumario, pero as imaxes captadas polas cámaras da zona e a declaración de todas as testemuñas está sendo cruciais no taballo da Policía. O Delegado do Goberno di que "agora mesmo hai que cadrar as testemuñas, coas declaracións que se lles están facendo aos detidos e as probas que poidan extraerse dese interrogatorio e todo iso en conxunto co estudo das imaxes que non está sendo doado ao producirse de noite".

As tres persoas detidas, ata o momento, continúan nos calabozos de Lonzas á espera de pasar a disposición xudicial, pero non se debotan máis detencións nas próximas horas. José Miñones mantén que "as probas tetificais falan de máis implicados pero non é o mesmo o grao de implicación de uns que de outros e polo tanto hai que detallar ben ese grao de implicación e no que está a traballar agora mesmo a Policía".

O ministro do Interior pide que se deixe traballar a polícia e a xuíza para determinar e aclarar o dramático asasinato de Samuel. Grande-Marlaska mantén que é demasiado pronto para determinar se se tratou dun delito de odio, reitera que nestes momentos todas as hipóteses continúan abertas.

Noticias web

07/07/2021