CRTVG

Buscar

Continúa a vacinación no CHUS a persoas de entre 70 e 79 anos e a colectivos esenciais

Publicado o 24/04/2021 14:56

Mari Carmen ten 71 anos, veu desde Negreira a Compostela a poñer a primeira dose da vacina de Pfizer no hospital Clínico Universitario de Santiago, asegura que non viña moi convencida. Finalmente vacinouse por responsabilidade e porque, coma todos, está desexando volver facer a vida de antes:

"Non lle dabamos importancia á liberdade que tiñamos antes, que bonito poder falar con todo o mundo, ir a un sitio tranquilo, ir a unha excursión, e agora nada, eu levo confinada desde hai un ano."
"Ver os netos e saír á rúa como Deus manda, eu facía actividades que xa non fago e nótase"
"Viaxar sobre todo, que e o máis nos gusta, pero claro xa vai facer case dous anos que non viaxamos".

Isabel acompañou a seu pai de 71 anos, ela, igual que o resto de acompañantes, ten que quedar fóra esperando. Na súa casa xa lles tardaba que o chamasen:
"Fun ao centro médico comprobar que tiñan ben os teléfonos porque xa nos parecía que tardaban un pouco por outras persoas coñecidas que xa as vacinaran e dous días despois xa o chamaron"

Este sábado están citadas na área sanitaria de Santiago-Barbanza unhas 900 persoas no treito de idade entre os 70 e os 79 anos:
"Agora polo menos temos unha solución coa vacina, sobre todo polas persoas maiores que teñen máis medo"

Tamén se están a vacinar colectivos de traballos esenciais.

Noticias web

24/04/2021