CRTVG

Buscar

"Son optimista e creo que imos cumprir o obxectivo de ter o 70% vacinado no verán"

Publicado o 07/06/2021 13:17

Avanza a vacinación co grupo dos menores de 50 anos. O proceso arrancou este domingo en Santiago, coa cita a 3.400 persoas nacidas a partir de 1972. Recibiron a primeira dose de Pfizer. Pero os citados hoxe na Coruña inxéctanos coa vacina de Janssen, que ten a vantaxe de inmunizar cunha única dose.

Cristina Gómez, enfermeira:"Desde abril que chegaron moitas doses permitiunos vacinar moitísima máis xente. Eso foi o impulso. Estabamos esperando as doses porque os medios, o traballo xa estaba feito e era empezar a vacinar ao ritmo de que chegaran máis doses. Eu son optimista e creo que imos cumprir o obxectivo de ter o 70% vacinado no verán."

Na Coruña están citadas case 7.000 persoas. Ata o mediodía, no recinto de Expocoruña completaban a inmunización do grupo de 50 anos. E, a continuación, tocáballes aos de 49. Máis da metade dos galegos recibiron polo menos unha das doses da vacina contra o coronavirus e un de cada tres teñen a pauta completa.

Noticias web

07/06/2021