CRTVG

Buscar

Continúa a serie triunfal do Deportivo na Primeira Federación (1-0)

Publicado o 18/09/2021 21:08

Diante de 20.000 espectadores, a mellor entrada nun partido do fútbol galego desde a pandemia, o Deportivo pasouno mal pero acabou gañando diante do Badaxoz por un gol a cero. 

Marcou Quiles no minuto 30 despois dunhra gran xogada pola banda esquerda de Héctor Hernández.

A partir de aí, o coruñés Ian Mackay suxeitou coas súas paradas aos herculinos, evitando que o Badaxoz empatase o partido.

Catro partidos e catro triunfos para o Deportivo, invictos e aínda sen recibir gol.

Noticias web

18/09/2021