CRTVG

Buscar

Estabilizado o incendio fortestal de Rubiá tras arrasar 200 hectáreas

Publicado o 13/08/2021 09:50

O incendio forestal que desde a tarde do xoves afecta o municipio ourensán de Rubiá está estabilizado desde primeira hora deste venres tras arrasar xa 200 hectáreas. Así figura na última estimación ofrecida pola Consellería do Medio Rural a través das redes sociais, onde informa de que a superficie afectada polas chamas ascende a 200 hectáreas.

O lume iniciouse minutos despois das 18:00 horas na parroquia de Rubiá do municipio homónimo. Segundo a información trasladada na conta de Twitter @Incendios085, o incendio aínda non foi controlado e segue activo, pero estabilizado.

Polo momento, as lapas non alcanzaron o parque natural de serra da Enciña da Lastra. O incendio comezaba ás seis da tarde, en terreo arborado e a columna de fume chegou a verse non só desde distintos puntos da provincia de Ourense senón mesmo desde Ponferrada e desde outras zonas da provincia de León.

A comarca de Valdeorras, á que pertence Rubiá, está hoxe en aviso amarelo por temperaturas superiores aos 36 graos.

Os equipos de extinción estiveron traballando toda a noite. Unha trintena de brigadas participararon na loita contra o lume coa axuda de varias pás que esta mañá continuaban a perimetrar o terreo.

Non lles chegou a afectar. O lume dabáse por estabilizado contra as dez da mañá. Os medios áreos continuan a refrecar o terre para evita que as lapas poidan reavivarse.
 

Noticias web

13/08/2021