CRTVG

Buscar

Continúa a deliberación do xurado popular no caso da morte de Gabriel Cruz

Publicado o 19/09/2019 13:24

Na Audiencia Provincial de Almería continúa deliberando o xurado popular que debe emitir un veredicto sobre a responsabilidade de Ana Julia Quezada na morte do neno Gabriel Cruz.

Fontes xudiciais estiman que os nove membros do xurado poderían esgotar o primeiro prazo de 48 horas que teñen para emitir o veredicto e que remate o venres ao mediodía.

Segundo estas mesmas fontes, tendo en conta as 142 preguntas ás que teñen que responder os xurados, o prazo da deliberación podería prorrogarse algo máis.

Noticias web

19/09/2019