Continúa a busca dos desaparecidos na ría de Noia
Publicado o 13/07/2020 12:55
Unha embarcación de Gardacostas e un helicóptero de Salvamento Marítimo participan hoxe luns na busca dos dous mozos desaparecidos hai unha semana tras envorcar o seu kaiak na ría de Muros-Noia. Asemade, Salvamento Marítimo continúa cos avisos aos navegantes pola zona para que alerten se realizan algún avistamento. No entanto por terra efectivos de Protección Civil proseguen os labores de rastrexo.