CRTVG

Buscar

Continúa a busca do veciño de Navia de Suarna desaparecido a fin de semana

Publicado o 04/05/2021 14:11
Continúa a busca do veciño de Navia de Suarna desaparecido a fin de semana

Desacougo en Navia de Suarna, onde seguen na busca do veciño de 53 anos desaparecido a fin de semana. O home vive só, non ten familiares directos e sofre unha enfermidade mental que precisa tratamento.

Un helicóptero que participaba na busca sufriu un contratempo a última hora de onte. Esta mañá retomouse a súa busca.