CRTVG

Buscar

Continúa a busca do patrón do pesqueiro que naufragou na contorna das Cíes

Publicado o 04/03/2020 19:42
Continúa a busca do patrón do pesqueiro que naufragou na contorna das Cíes

Continúa a busca do patrón do Marsúa. 10 días despois do naufraxio en Cíes, segue sen aparecer o corpo de Jorge Emilio Martín. O Pesca 1 sobrevoa toda a costa de Moaña e Cangas polo norte, fai a contorna das Cíes e segue ata Baiona. O gardacostas Valentín Paz Andrade sumouse aos labores por mar. O mal tempo impide que saia a patrulleira da Garda Civil e os mergulladores. Esta mañá houbo unha falsa alarma ao aparecer os restos dunha ponte de mando na praia de Rodeira. Finalmente confirmouse que pertence a outro barco.

Noticias web

04/03/2020