Continúa a busca do Ángeles Alvariño en augas tinerfeñas
Publicado o 21/06/2021 21:16

O buque Ángeles Alvariño cambiou a súa zona de busca en augas de Tenerife para tratar de dar coa pequena Anna e seu pai, Tomás Gimeno.
A Garda Civil, atendendo ás correntes, decidiu ampliar a busca máis ao sur, a unhas seis millas de distancia da costa, aínda que, polo momento, sen resultados. Tamén se realizou un novo rexistro no domicilio de Gimeno, o quinto, pero non se atoparon máis pistas.
Nas últimas horas, a nai das nenas enviou unha carta á tripulación do Ángeles Alvariño para agradecerlles o seu traballo.