CRTVG

Buscar

Continúa a busca de Manuela Barbosa, desaparecida en Arcade o 13 de xullo

Publicado o 19/09/2021 13:25

Dous meses e unha semana despois segue sen haber rastro de Manuela Barbosa, vista por última vez en Arcade. A familia colocou carteis coa súa imaxe en todos os concellos da provincia de Pontevedra. Saben que cada vez é máis complicado atopala con vida pero, aínda así, non descartan ampliar a busca ao resto de Galicia.

A investigación, segundo conta a súa filla Raquel, está en punto morto. A unidade de desaparecidos da Policía Nacional non ten polo momento ningunha pista que leve ao seu paradoiro.

As cámaras dunha entidade bancaria gravaron a Manuela Barbosa, de 66 anos, o día 13 de xullo. Foi vista por última vez nas inmediacións dun restaurante de Arcade. A partir de aí, nada mais se soubo dela. A familia apela á colaboración cidadá e lembra que precisa medicación.

 

Noticias web

19/09/2021