CRTVG

Buscar

Continúa á busca de Anna na mesma zona onde apareceu o cadáver da súa irmá

Publicado o 12/06/2021 11:09

A raiña Letizia sumouse ás mostras de dor igual que os presidentes Pedro Sánchez e Alberto Núñez Feijóo | Concentracións de repulsa en varias cidades españolas 

O buque oceanográfico galego Ángeles Alvariño continúa á busca de Anna na mesma zona onde este xoves aparecía o cadáver da súa irmá. O barco está a traballar sen descanso no lugar, polo de agora sen resultado. Non hai pegada de Anna, a pequena das irmás, de tan só un ano. Tampouco de Tomás Gimeno, o pai e presunto asasino.
As pegadas dactilares confirmaron nas últimas horas que o corpo achado nunha bolsa no fondo do mar é o de Olivia, a maior das dúas irmás secuestradas en Tenerife. Agora estase á espera dos resultados da autopsia para aclarar como a mataron. Os axentes traballan coa hipótese de que o pai a sedou antes de tirala á auga.
O achado do corpo da pequena Olivia conmocionou todo o país. Onte, en silencio, milleiros de persoas mostraron a súa repulsa por este crime terrible. Houbo mobilizacións en toda España En Galicia as concentracións sucedéronse nas grandes cidades e vilas. As convocantes consideran que o asasinato de Tenerife evidencia, unha vez máis, que falla a xustiza, a protección das mulleres e a educación feminista

Noticias web

12/06/2021