CRTVG

Buscar

Continúa a busca das 152 persoas desaparecidas tras o derrubamento dun edifico en Miami

Publicado o 28/06/2021 08:45

Continúa a busca dos máis de 150 desaparecidos baixo os cascallos do edificio que colapsou parcialmente este xoves no norte de Miami, no estado da Florida. Segundo os últimos datos oficiais, foron recuperados nove cadáveres, dos que oito foron xa identificados.

Cen socorristas por quenda traballan na montaña de cascallos en que quedaron convertidos os 55 apartamentos das torres Champlain, toda a zona noroeste do edificio, que se derrubou a primeiras horas do xoves no norte de Miami. Ata o momento conseguiron recuperar nove cadáveres, todos menos un xa están identificados, e restos humanos que os forenses tratan de identificar.

Segundo as autoridades, non se sabe o paradoiro doutros 152 veciños do edificio sinistrado, que se supón que están baixo os cascallos. Este domingo, familiares dos desaparecidos puideron visitar o lugar onde traballan os equipos de rescate. O edifico sinistrado e as súas proximidades permanecen acordoados pola policía e só se permite o acceso aos rescatistas, aos sanitarios e ás forzas de seguridade.

Noticias web

28/06/2021