Continúa a baixada dos casos activos (-290) e da presión asistencial (-2)
• Soben as PCR positivas (+3)
• Ningunha área sanitaria suma hoxe casos activos

Os casos activos seguen á baixa. Hoxe hai 7.522 persoas con coronavirus en Galicia, 290 menos ca o día anterior.
Con respecto ás PCR, estas experimentan unha pequena subida (+3). En total, detectáronse 330 probas positivas.
Os novos contaxios, pola súa parte, descenden con respecto ao día anterior (-170). Detectáronse 160 novos casos en Galicia.
Por áreas sanitarias, a repartición de casos activos é a seguinte:
Vigo: 1.250 (-97)
A Coruña: 1.871 (-122)
Pontevedra: 504 (-25)
Santiago: 1.309 (-8)
Ourense: 679 (-16)
Lugo: 1.402 (=)
Ferrol: 507 (-22)
A presión asistencial tamén descende (-2). Hai 53 persoas en coidados intensivos (+1) e 153 en planta (-3). En total, atópanse 206 persoas hospitalizadas en Galicia. Por outra banda, o Sergas notificou catro falecementos por covid−19 no día de onte, que elevan a cantidade a 2.574 decesos desde o inicio da pandemia.