CRTVG

Buscar

Continúa a baixada de casos activos nun martes sen mortes por covid−19

Publicado o 05/10/2021 20:10
Continúa a baixada de casos activos nun martes sen mortes por covid−19

Os casos activos seguen baixando e rozan os 700. En total, hai 715 persoas (-26) con coronavirus en Galicia.

En canto aos novos casos, foron detectados 24 (-5) contaxios por probas diagnósticas.

Por áreas sanitarias, a repartición de casos activos é a seguinte:

Vigo: 132 (-9)

A Coruña: 179 (=)

Pontevedra: 61 (-4)

Santiago: 85 (-3)

Ourense: 117 (-9)

Lugo: 121 (+2)

Ferrol: 20 (-1)

A ocupación hospitalaria descende. Hai cinco persoas menos en planta (38 en total) e mantense estable o número de persoas que están en coidados intensivos (13 en total). Nas últimas horas o Sergas non notificou novos falecementos por covid−19.

Mapa de incidencia por concellos