CRTVG

Buscar

A forte baixada de ocupación hospitalaria alivia a presión sobre os centros sanitarios

Publicado o 23/09/2021 10:53

• Hai menos de vinte persoas en coidados intensivos

O Sergas notificou o falecemento de dúas persoas por mor da covid−19

A forte baixada de ocupación hospitalaria alivia a presión sobre os centros sanitarios

Os casos activos seguen baixando (-142). En total, hai 1.677 persoas con coronavirus en Galicia.

Tamén descenden os novos casos detectados por probas diagnósticas (-32). Foron detectados 54 positivos.

Por áreas sanitarias, a repartición de casos activos é a seguinte:

Vigo: 318 (-26)

A Coruña: 426 (-36)

Pontevedra: 113 (-17)

Santiago: 241 (-23)

Ourense: 210 (-15)

Lugo: 322 (-21)

Ferrol: 47 (-4)

En canto á ocupación hospitalaria, esta tamén diminúe en gran medida (-17). En concreto, hai 19 persoas ingresadas en UCI (-4) e 43 en planta (-13). Por outra parte, o Sergas notificou o falecemento de dous homes con coronavirus, que aumenta a cifra a 2.625 decesos desde o inicio da pandemia.

Mapas de incidencia por concellos