CRTVG

Buscar

Continúa a baixada de casos activos (-749) e da presión hospitalaria (-61)

Publicado o 12/02/2021 10:07

•  A cifra de hospitalizados volve aos niveis de hai dúas semanas e media | Repunta a positividade, que supera o 6 %

Continúa a baixada de casos activos (-749) e da presión hospitalaria (-61)

A baixada de casos activos constata a boa tendencia na evolución da terceira vaga. Segundo os últimos datos de Sanidade, hai 15.894 casos activos, 749 menos ca onte, tras 648 novos positivos, 603 a través de PCR.

Por áreas sanitarias os casos repártense así:

A Coruña: 4.590 (-83)

Vigo: 2.626 (-132)

Santiago: 2.188 (-171)

Pontevedra: 2.027 (-114)

Ourense: 1.569 (-130)

Lugo: 1.437 (-77)

Ferrol: 1.457 (42)

Volven baixar o número de hospitalizados

O mellor dato estes días é, sen dúbida, o alivio da presión hospitalaria, aínda que paulatino. Hai 1.084 persoas ingresadas (-61): 856 en planta (-55) e 228 nas UCI (-6).

Por desgraza, a cifra de vítimas no que vai de pandemia en Galicia segue incrementándose. Sanidade notificou onte 17 falecementos por mor da covid-19, chegando aos 2.056.

Sobe a positividade

Cae o número de probas PCR realizadas ata as 9.739 (-4.008). Delas deron positivo 603, 14 menos ca onte. Isto revela unha positividade algo máis elevada ca onte, 6,19 %.

Mapa de incidencia concellos