CRTVG

Buscar

Xornada sen rexistro de mortes con baixada de casos e mantense a presión asistencial

Publicado o 19/06/2021 19:43

• Leve suba dos positivos diarios con 92 (+7)

• Nova xornada sen rexistro de falecidos por covid

En Galicia mantense a estabilidade na incidencia da covid con lixeiras variacións nos distintos indicadores. Rexístrase nas ultimas 24 horas, con datos das 18 horas do venres, unha lixeira baixada dos casos activos con 1.302, con 42 menos que a xornada anterior.

Pola contra prodúcese un leve incremento dos contaxios diarios detectados nas diferentes probas con 92 positivos, que son sete mais que a xornada anterior.

A presión asistencial en Galicia mantense estable con 61 enfermos de coronavirus nos hospitais, os mesmos que o xoves. Hai 45 pacientes en cama convencional a mesma cifra que a xornada precedente e tamén son 16 os ingresados nas UCI, sen variacións.

A incidencia acumulada a 14 días por cada 100.000 habitantes sobe lixeiramente ata os 41,23, conforma os úlitmos datos facilitados polo Ministerio de Sanidade, que sitúan a media de España en 95,91. A incidencia a sete días en Galicia está en 19,39.

Os falecidos durante a pandemia en Galicia por coronavirus son 2.433, despois de que o Sergas notificara a últimas horas do venres o falecemento de dúas persoas máis con covid.

Situación por áreas sanitarias

As únicas áreas sanitarias que rexistran máis casos activos de covid nas ultimas 24 horas son as de Ferrol e Pontevedra, con lixeiras variacións á alza. Canto a pacientes en agudos, os hospitais de Lugo, Ourense, Pontevedra e Santiago só teñen un paciente ingresado nas UCI.

As infeccións activas son :

A Coruña: 411

Ferrol: 101

Lugo: 164

Ourense: 150

Pontevedra: 120

Santiago: 121

Vigo: 235