CRTVG

Buscar

Conte presenta a lista do seu Goberno de coalición apoiado pola M5E e a Liga

Publicado o 01/06/2018 08:54

O primeiro ministro italiano, Giuseppe Conte, presentou a lista do seu Goberno de coalición apoiado polo Movemento 5 Estrelas e a Liga.

Os líderes de ambas as formacións, Luigi di Maio e Matteo Salvini, ocuparán as carteiras de Desenvolvemento Económico e de Interior. Os dezaseis ministros restantes repártense a partes iguais entre os dous partidos que forman a coalición de goberno italiana. O euroescéptico Paolo Savona, vetado para a carteira de Economia polo presidente Sergio Mattarella, será o ministro encargado das relacións co Unión Europea.

Noticias web

01/06/2018