CRTVG

Buscar

Contacontos en lingua de signos para favorecer a integración das persoas xordas

Publicado o 24/01/2019 21:43

Achegarlles a lingua de signos aos nenos e nenas e favorecer a integración das persoas xordas é o obxectivo dos contacontos signados que se están a desenvolver en centros cívicos de Ourense.

Así comeza o conto da eiruga comellona. Grazas a este conto as meniñas e meniños aprenderon algunhas palabras en lingua de signos. Esta actividade, que se está a desenvolver nos centros cívicos de Ourense, favorece a integración das persoas xordas e familiariza todos os pequechos coa lingua de signos.

Están organizadas pola Asociación de persoas xordas de Ourense. Subliña a presidenta que os nenos participan sempre en cursos de inglés pero faltan cursos de lingua de signos enfocados a nenos e a eles encántalles a lingua de signos.






 

Noticias web

24/01/2019