CRTVG

Buscar

Conta atrás para unha nova edición do Marisquiño, máis dixital e marcada polas restricións

Publicado o 05/08/2021 16:20

Despois de dous anos de espera comezará en Vigo unha nova edicion do Marisquiño. Será un festival de transición, moi dixital e marcado aínda polas restricións da pandemia.

Estarán figuras consagradas do deporte urbano, pero tamén promesas de tan só once anos.

Os que conseguiron reservar entradas, algo máis de catro mil persoas, poderán velo nos espazos habilitados e seguindo todas as medidas de seguridade.

Porén a tecnoloxía permitirá este ano achegar o Marisquiño ao mundo coa mirada posta no futuro.

Mañá comeza O Marisquiño co obexctivo de converter as dificultades en oportunidades para afrontar o futuro cun optimismo renovado.

Noticias web

05/08/2021