CRTVG

Buscar

Conta atrás para a preparación das viaxes de Semana Santa

Publicado o 28/03/2019 13:08

Xa case na conta atrás para as reservas de viaxe de Semana Santa, as axencias en Galicia dispoñen de prazas en voos directos ou con escalas para varios destinos. No referente aos especiais directos, o de Sicilia xa está completo.

Isabel Suárez, do departamento do vendas de Viaxes Piña: "Este ano non hai tanta oferta de voos especiais desde Galicia. Hai un con destino Sicilia, outro aos Azores e outro a Cracovia", conta Isabel Suárez, desde o departamento de vendas de Viaxes Piña.

Carlos Jabois, director de Karyma Viaxes: "A venda vai lenta, como se agardaran ofertas de última hora que non vai a haber", afirma o director de Karyma Viaxes, Carlos Jabois.

Nas axencias de viaxe consultadas botan de menos unha coordinación axeitada entre os tres aeroportos galegos que propiciara máis voos directos internacionais desde aquí.

A propietaria de Karyma Viaxes di que "o maior operativo que temos é desde O Porto. Se se fixese desde aquí, calquera dos tres aeroportos podería animarse algo máis. Baixar ao Porto aumenta os gastos e, en consecuencia; os posibles viaxeiros recúan, co que os avións desde Galicia poderían ir cheos".

Isabel Suárez, de Viaxes Piña, pon como exemplo que desde Asturias hai máis programación que desde Santiago.

A maior parte das reservas é para tres noites, con prezos que para as viaxes en voo especial varían arredor dos 600-700 euros. A oferta tamén abrangue escapadas en autobús a destinos máis próximos e menos custosos.

Noticias web

28/03/2019