CRTVG

Buscar

Consumo endurece os requisitos para a venda de máscaras hixiénicas

Publicado o 11/02/2021 17:14

O Ministerio de Consumo asina unha nova orde que endurece os requisitos para a venda de máscaras. Afecta sobre todo as de tea, que deberán garantir unha filtración superior ao 90 % para comercializarse como hixiénicas.

A partir de agora, estas máscaras deberán incluír máis información sobre a súa composición e os seus usos e non poderán venderse fóra do seu envase orixinal.

A norma tamén regulará as caracteristicas dos filtros ou dos elementos destinadados a facilitar a autonomía das persoas con discapacidade. As máscaras hixiénicas infantís terán que incluír referencias á idade de uso e o seu emprego baixo supervisión de adultos. Apróbase tamén un modelo que permitirá a lectura labial.

As máscaras hixiénicas que xa están no mercado terán un prazo de 30 días para adaptarse á normativa. Os laboratorios que a incumpran enfróntanse a sancións que poden supoñer o seu peche durante cinco anos. 

Noticias web

11/02/2021