CRTVG

Buscar

Consumidores advirten de máis subas na factura da luz

Publicado o 28/07/2021 16:19

A Unión de Consumidores de Galicia advirte de que veñen meses duros para as familias, con máis subas da luz e dos combustibles. Na mañá deste mércores reuníronse co grupo parlamentario do PP para manifestar as súas preocupacións e propoñer algunhas medidas.

Respecto da medida do Goberno central de rebaixar o IVE da luz só 6 meses, din que non soluciona os problemas estruturais da factura.

Noticias web

28/07/2021