CRTVG

Buscar

Consulta o novo mapa de restricións que entra en vigor este sábado

Publicado o 02/06/2021 09:00

• A Pobra do Caramiñal e Mos, en nivel máximo de restricións, do que sae Lobios

ÚLTIMOS DATOS: Así é a situación da pandemia en Galicia

Consulta o novo mapa de restricións que entra en vigor este sábado

Mos e A Pobra do Caramiñal son os dous únicos concellos que seguirán no nivel máximo de restricións desde a medianoite do próximo sábado, segundo acordou o comité clínico na súa reunión deste martes.

Pola súa banda, o municipio ourensán de Lobios abandona o tramo de máximas medidas contra a propagación do coronavirus, que supón o peche perimetral do concello, o toque de queda entre as 23 e as 6 horas e o peche da hostalería e mais a prohibición de encontros entre persoas que non conviven no mesmo domicilio.

Nivel alto

Así mesmo, o comité que asesora a Xunta no referente ás medidas para frear a propagación da pandemia tamén acordou situar no nivel alto de restricións os municipios de Ordes e Viveiro, nos cales só está aberta a hostalería nas terrazas e a un 50 por cento.

Nivel medio

As medidas do nivel medio, ao cal pasará directamente Lobios, tamén deberán cumprirse nos municipios de Moraña, Ponteareas, Cenlle, O Barco de Valdeorras, Ribeira, Boiro, Oroso, Xove, Vilalba e Monforte de Lemos, nos cales a hostalería estará aberta ao 30 por cento en interiores e ao 50 por cento en terrazas.

No resto dos municipios galegos estarán vixentes as restricións fixadas no nivel medio baixo, que permiten ocupar ao 75 % as terrazas e á metade o interior dos locais hostaleiros.

Todas as medidas entrarán en vigor, segundo informou Sanidade, ás 00:00 horas do sábado 5 de xuño.