CRTVG

Buscar

Consulta o mapa de restricións en vigor dende hoxe

Publicado o 07/06/2021 09:00

• Non hai concellos en nivel máximo

Estes son os últimos datos epidemiolóxicos en Galicia

Consulta o mapa de restricións en vigor dende hoxe

A mellora da situación epidemiolóxica en Galicia levou o comité clínico a revisar e reducir as restricións nos concellos co nivel máximo, en que se atopaban os concellos de Mos e A Pobra do Caramiñal. Así, dende hoxe en Galicia non hai ningún concello no nivel máximo.

O resto de concellos mantéñense nos niveis que lles foran asignados a comezos da semana pasada. Quedaría no nivel alto, ademais de Mos e A Pobra, os concellos de Ordes e Viveiro. No nivel medio son once: Moraña, Ponteareas, Cenlle, Lobios, O Barco, Ribeira, Boiro, Oroso, Xove, Vilalba e Monforte de Lemos.