CRTVG

Buscar

Constrúese no Porriño a réplica do templete do arquitecto Palacios para o metro de Madrid

Publicado o 22/04/2021 20:39

No acceso do metro da Gran Vía madrileña xa se albisca unha silueta. Dentro dunhas semanas, 80 metros cúbicos de granito da Cañiza volverán dar forma a unha das creacións do arquitecto Palacios.

Desde que puxeron en marcha este proxeto, as visitas desde este taller ao orixinal, situado no centro do Porriño, foron constantes para replicar cada detalle do templete. Só se permitiron cambiar o formigón dos leóns por pedra da Gudiña tallada á man. Tamén restituirán a viseira de ferro e cristal.

Estes porriñeses tamén fabricaron o pavimento do carril bici de Ámsterdam, o emblema do Festival de Cans ou as bases cúbicas de granito negro que sosteñen os Premios Bafta do cinema británico e que, por exemplo, xa ten na casa Frances MacDormand polo seu papel protagonista nunha das películas do ano.

Noticias web

22/04/2021