CRTVG

Buscar

Constrúen unha foxa común para as vítimas en Manaus, no Brasil

Publicado o 22/04/2020 09:02

No Brasil hai preto de 3.000 mortos por coronavirus, segundo os datos oficiais, e máis de 43.000 contaxiados.
En Manaus, no estado do Amazonas, están a enterrar as vítimas nesta foxa común. Tamén instalaron colectores frigoríficos nos arredores do cemitero para os cadáveres que chegan desde os hospitais. Malia a propagación da COVID-19 no país, varios gobernadores brasileiros anunciaron a inminente flexibilización das medidas de distanciamento social.

Noticias web

22/04/2020