CRTVG

Buscar

Constatan a eficacia do miñato abelleiro para controlar a expansión da velutina

Publicado o 06/09/2021 14:52

O equipo do departamento de Ecoloxía da Universidade de Alcalá comproba a ruta migratoria dos miñatos abelleiros que pasaron o verán en Galicia. Os científicos capturaron seis aves e puxéronlles transmisores que lles permiten controlar os seus movementos e, agora, a súa viaxe a África. É parte do traballo de campo que están a facer en Galicia cuns obxectivos prioritarios.

Este verán comprobaron que o abelleiro fixera o seu traballo, destruír niños de velutina en altura e tamén soterrados. Entre os transmisores as cámaras que instalaron, conseguiron información fundamental.

Para garantir que o abelleiro poida facer o seu traballo, hai que evitar algunhas prácticas para loitar contra a velutina.

Co fin de evitar que o veleno pase ás aves, din que é mellor usar marcadoras que destrúen todo o niño en pouco tempo e que non interfiren na actividade do abelleiro, un aliado natural que queren coñecer e protexer.

Noticias web

06/09/2021