CRTVG

Buscar

Consellos para ver a chuvia de perseidas en Galicia

Publicado o 10/08/2021 20:20

É un dos espectáculos nocturnos naturais máis populares do verán. As perseidas son meteoros, fragmentos de pó dun cometa, que se aprecian desde a Terra no seu camiño arredor do sol.

Esta semana é a mellor para poder contemplalas porque a súa actividade é máxima. Por riba, en Galicia coincide con días de ceo despexado e coa Lúa iniciando o cuarto crecente.

Pódense ver desde calquera punto de Galicia, mellor afastado das cidades para evitar a contaminación lumínica. O ideal son os destinos 'starlight', idóneos para apreciar este fenómeno, como é o caso de Pena Trevinca.

Coñecidas tamén como bágoas de San Lourenzo, as perseidas seguirán deixándose ver ata finais de mes.

Noticias web

10/08/2021