CRTVG

Buscar

Consellos para axudar os maiores a levaren mellor o confinamento

Publicado o 16/04/2020 23:10

A pesar das medidas de confinamento, psicólogos e psiquiatras seguen mantendo o contacto telefónico cos seus pacientes. Tamén cos anciáns. Tanto se están na casa como se estásn en residencias. Os médicos consideran que o illamento social é imprescindible para evitar o contaxio. Pero fan unha chamada de atención.

Raimundo Mateos, coordinador da Unidade de Psicoxeriatría do CHUS: "Esas son medidas de protección, pero falamos de maiores, nos que abunda o deterioro cognitivo, a depresión e outras patoloxías psiquiátricas".

Precisamente na área sanitaria de Ourense acaban de facer un decálogo con consellos básicos para axudar os maiores no seu confinamento

Mercedes Fernández. Médico de familia: "Un apertivio, poñer unha flor, música, ver fotos, ensinarlle un vídeo dos fillos e da familia, xogar ao bingo nunha sala común, falar en común".

E tamén dan consellos para os coidadores, como facer exercicio diario, falar dos problemas con alguén de confianza ou usar os teléfonos de apoio psicolóxico como os que pon á súa disposición o 112.

Noticias web

16/04/2020