CRTVG

Buscar

Consellos dos podólogos ante o inicio do exercicio ao aire libre

Publicado o 29/04/2020 20:19


A desescalada nas medidas de confinamento vai permitir, a partir do sábado, o exercicio físico individual ao aire libre. Por este motivo, e despois de case dous meses de inactividade, os podólogos aconsellan prudencia se saímos a camiñar ou a correr. Non se pode recuperar a forma de xeito brusco, din, senón que hai que facelo progresivamente e de maneira secuencial en todos os casos

 "Xusto, se nós estamos acostumados a realizar unha actividade deportiva ou de correr dez quilómetros de xeito rutinario, é importante que o sábado reduzamos de maneira considerabe esa distancia que a reduzamos polo menos un 70%. É dicir volvamos saír a pasear ou correr dentro dunhas medidas de prevención", recomenda o podólogo Daniel López.

Tamén aconsellan ir por zonas coñecidas, por terreo regular e elixir as horas en que haxa menos xente. Recomenan tamén revisar que o calzado deportivo estea en bo estado, para evitar tamén posibles lesións

"Revisar neste caso o noso calzado. O calzado deportivo que vaiamos utilizar é importante que non estea roto en ningunha zona, que se axuste ao noso pé e que todo estea en bo estado", di o podólogo Daniel López.

Lembran que o sábado vai ser unha oportunidade para ir volvendo pouco a pouco á rutina diaria. Por iso os pódologos recomendan, sobre todo, ser reponsables e sentidiño.

Noticias web

29/04/2020