CRTVG

Buscar

Conmoción entre os veciños de Caldas tras coñecer o tráxico accidente

Publicado o 03/06/2021 14:12

Caldas amencía conmocionado tras coñecer a noticia do accidente. A medida que avanzaba a mañá e os veciños ían sabendo o acontecido, a sorpresa e a pena percorrían as rúas da vila. A pouca idade das vítimas e o xeito en que sucedeu todo non deixou indiferente ninguén.

Aseguran que a estrada precisa cambios para evitar este tipo de accidentes. Algúns veciños xa tiveron sustos neste punto e segundo contan non é a primera vez que na zona se produce un suceso deste tipo. O tráxico accidente deixa sen palabras un municipio que tardará tempo en esquecer o acontecido. 

 

Noticias web

03/06/2021