CRTVG

Buscar

Conmoción en Viveiro pola morte dun veciño que morreu electrocutado na bañeira

Publicado o 21/10/2021 16:19

Esta é unha xornada triste e de moita conmoción no concello de Viveiro de onde era natural o falecido. Residía en Madrid e foi alí, na vivenda familiar, onde a súa parella o atopou ao regresar de traballar.

O falecido atopábase dentro da bañeira, co teléfono móbil e o cable enchufado á rede polo que a primeira hipótese é que faleceu electrocutado.

Ademais dáse a circunstancia de que a vítima presentaba unha queimadura no peito, sobre o que tiña o teléfono. Cando chegaron os servizos de emerxencias só puideron certificar o seu falecemento.

A vítima, de 38 anos, era unha persoa moi querida nesta vila, onde reside a súa familia, e a que volvía sempre que podía.

Noticias web

21/10/2021