CRTVG

Buscar

Conmoción en Cangas pola morte por covid do contramestre do "Praia de Sartaxéns" no Uruguai

Publicado o 08/05/2021 14:41

Pablo Juncal vivía nesta rúa nas inmediacións do auditorio de Cangas, e tomaba o café todos os días nesta cafetería cando estaba en terra.

Aquí todos o coñecen e aprecian e mesmo din que esta marea non lle tocaba ir de contramestre e fíxoa por lle facer un favor a un amigo. Amante das motos e moi familiar adoitaba pasar tempo cos fillos de 26 e 18 anos, a quen levaba ao fúbol cando xogaban nas categorías inferiores do Alondras.

Tamén era moi coñecido entre a xente do mar, sobre todo entre os da frota cefalopodeira que traballa nesas augas, como a tripulación do Venturer, que tamén estivo afectada pola covid.
Natural do barrio moañés de Broullón, Juncal levaba vivindo en Cangas desque casou con Susa, natural da parroquia do Hío.